Cobre San Rafael denuncia sabotaxes nos seus labores de sondaxes en Touro e O Pino

A empresa contratada por Cobre San Rafael para a realización de sondaxes na mina de Touro e O Pino denunciou ante as autoridades os feitos

Cobre San Rafael denuncia sabotaxes nos labores de sondaxes nas inmediacións da mina Touro e O Pino. A empresa contratada para a realización dos devanditos traballos interpuxo unha denuncia o pasado 18 de abril alegando que durante a noite dos días 12 e 19 de abril e entre as 13.30 e 16 horas do 17 de abril, un ou varios individuos sabotearon unha máquina perforadora e o grupo electróxeno que lle dá servizo, provocando que ambos elementos deixasen de funcionar.

A empresa encargada das sondaxes da mina de Touro e O Pino manifestou na súa denuncia que estes feitos provocaron que en ambas as ocasións “tivesen que desbotar máis de 2.000 libros de gasoil”, supoñendo un custo de ao redor de 1.500 euros, e instalar “novos recambios na maquinaria por valor de ata 9.000 euros”.

Cobre San Rafael incide ademais en que leva realizando labores de investigación mineira mediante sondaxes máis de dous anos, case na súa totalidade dentro de leiras de propiedade particular. Os propietarios destas ata o momento sempre permitiron o acceso da maquinaria e a realización dos traballos sen poñer ningún tipo de condición e nun clima de entendemento amigable.

É máis, os labores de sondaxe que se están realizando na mina de Touro están convenientemente autorizadas e non teñen ningunha afección ambiental xa que se realizan seguindo as mellores prácticas e as leis vixentes, que inclúen  o cementado e selado da sondaxe realizada, restituíndo o terreo ao seu estado natural.

Cobre San Rafaelmanifesta a súa preocupación e rexeitamento a este tipo de actos que dificultan o traballo dos profesionais que forman o equipo do Proxecto Touro. Así mesmo quere denunciar unha campaña de acoso xeneralizada por parte de determinados grupos e individuos que en absoluto son representativos do sentir maioritario da comarca e que a falta de argumentos serios adquiren este tipo de comportamentos radicais.

Ademais, a compañía quere transmitir  o seu compromiso coa proposta mineira presentada ante a administración pública galega confirmando que traballa intensamente na elaboración de informes e proxectos técnicos que complementen a información presentada.

Compartir en redes

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar