Cobre San Rafael e o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) emprenden un amplo estudio sobre a calidade do Río Ulla e da Ría de Arousa

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC liderado por Ricardo Prego, profesor de investigación e responsable do grupo, vai realizar un traballo científico encamiñado a caracterizar hidroquímicamente o contido de metais, materia orgánica e nutrientes das augas e os sedimentos do río Ulla e a súa zona de influencia na Ría de Arousa.

O estudo servirá para dispoñer dun marco de referencia químico sobre o estado actual do río e a súa desembocadura, onde se aloxa a principal industria pesqueira e marisqueira de Galicia. Deste xeito, crearase unha base de datos como referencia para establecer a influencia real da minería sobre a calidade das súas augas. Así mesmo, establécese unha referencia  para poder detectar cambios futuros no estado ambiental da calidade do auga que o río Ulla verte na ría, así como a posible orixe das alteracións.

O estudo levarase a cabo a partir do mes de abril, e nel fixaranse puntos de control no percorrido fluvial desde a presa de Portodemouros ata a cabeceira da Ría de Arousa. Analizaranse valores como os nutrientes, materia orgánica ou metais presentes tanto nas augas coma nos sedimentos, poñendo especial atención ás achegas dos afluentes Deza, Sar, Brandelos, Beseña, Lañas e a presa de Portodemouros.

Trátase dun traballo integral, novedoso, de interese para un mellor coñecemento e xestión do río Ulla e da Ría de Arousa, ademais de utilidade xeral. O estudo prevé definir as fortalezas e debilidades no estado de saúde do río Ulla e o seu aporte á Ría de Arousa, ofrecendo oportunidades de mellora: unha foto fixa que sirva para mellorar o control e protexer estes dous elementos tan importantes do patrimonio natural de Galicia.

O traballo do IIM – CSIC

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), está adscrito a tres Áreas Científico-Técnicas: Recursos Naturais, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Ciencias Agrarias,  estructurándose en catro departamentos: Oceanografía; Ecoloxía e Recursos Mariños; Biotecnoloxía e Acuicultura; Tecnoloxía dos Alimentos.

Dada a importancia do mar na economía de Galicia e a demanda potencial dos distintos sectores socio-económicos relacionados co ámbito mariño (oceanografía, pesqueiras, cultivos mariños, transformación e conservación de produtos mariños, impacto medio ambiental), a misión do IIM é desenvolver un labor investigador encamiñada a: desenvolver investigación integrada e multidisciplinar en ciencias mariñas que permita progresar na comprensión global dos ecosistemas mariños e no estado científico e tecnolóxico dos sectores produtivos relacionados; formar persoal investigador e técnico especializado, favorecendo o seu transferencia a outras entidades (industria, administración, ensino); contribuír ao ensino da ciencia e á súa divulgación á sociedade; transferir coñecementos científicos e tecnoloxía ao sector industrial.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar