O Proxecto Touro acolle a visita dos colexios profesionais de Galicia

Cobre San Rafael recibiu a visita dos principais representantes dos colexios profesionais galegos ligados á enxeñería. A iniciativa forma parte da política de portas abertas da empresa, que pretende mostrar a todos os interesados as súas actividades e as solucións tecnolóxicas que achega para establecer un proxecto industrial sustentable e responsable en Galicia.

A visita estivo encabezada polo Vicepresidente do Consello Galego de Enxeñarías e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Enrique Urcola, acompañado dos decanos e vogais do resto de colexios profesionais das distintas ramas da enxeñería. Entre eles, o decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación, Julio Sánchez; o decano do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Juan José Iglesias; o decano do Colexio de Enxeñeiros do ICAI, Antonio Murillo; o decano do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, José de Troia, ademais doutros vogais e secretarios.

O grupo de visitantes comezou a xornada cunha exposición das actividades de valorización ambiental que se realizan no complexo VATOP. Posteriormente, os técnicos de Cobre San Rafael presentaron en detalle as características técnicas do Proxecto Touro, para a extracción e procesamento de mineral de cobre na antiga mina. Seguidamente, os visitantes percorreron as instalacións mineiras e industriais e coñeceron as actividades de recuperación ambiental da antiga explotación en base ao uso de tecnosuelos e humidais, explicadas polo catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Felipe Macías.

Enrique Urcola, o Vicepresidente do Consello, quixo destacar “o importante papel que teñen os enxeñeiros en proxectos industriais desta envergadura”, facendo fincapé no “elevado número de postos de traballo cualificados que se van a xerar durante a fase de construción e explotación do Proxecto Touro”.

Pola súa banda, os representantes de Cobre San Rafael destacaron a importancia da visita: “O valor dunha empresa é equivalente ao dos profesionais que a forman. En Galicia contamos con centros de coñecemento dos que saen profesionais de primeira orde, que forman parte da sociedade da contorna onde traballan e que toman as súas decisións con responsabilidade. Por iso, a industria galega, e en especial a mineira, está preparada para calquera reto técnico, e opera cos mellores estándares a nivel mundial en canto a eficiencia, sustentabilidade, e coidado do medio ambiente, a seguridade e a saúde das persoas. Agradecemos aos colexios profesionais galegos o seu interese por coñecer o proxecto. O nivel de representación institucional que tivemos hoxe é impresionante.”

A visita dos colexios ás instalacións serviu para expoñer a situación actual e a visión do Proxecto Touro aos profesionais, fomentando o vínculo entre o ámbito empresarial e o colectivo de profesionais da enxeñería, que debe ter unha responsabilidade importante no desenvolvemento desta e calquera outra industria que se asente en Galicia.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar