Tradición minería Galicia

O sector mineiro en Galicia

Actualmente, o cobre é o terceiro metal máis utilizado no mundo. A produción mundial de cobre de mina foi de máis de 20 millóns de toneladas en 2017 e destinouse fundamentalmente a tecnoloxía, industria e construción. Ademais, é fundamental nas tecnoloxías verdes: xeradores eólicos, plantas solares, coches eléctricos, e en xeral todos os desenvolvementos que teñen que ver coa enerxía renovable son moi intensivos no uso do cobre.

Galicia é moi rica en recursos mineiros, como o cobre, e así o resalta o Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Aureliano García. “Galicia é a cuarta comunidade de España en importancia mineira con 270 empresas e aproximadamente 7.000 traballadores. Os principais recursos que podemos atopar son as rocas ornamentais (granito e lousa), as canteiras e os mananciais de augas”, explica.

En Galicia, existen bos exemplos de proxectos mineiros nos que se empregaron as mellores técnicas operativas e de maneira responsable logrouse reintegrar na paisaxe as áreas afectadas polas operacións, por exemplo as grandes minas ao descuberto de carbón de Meirama e As Pontes..

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar