O Proxecto

Un proxecto moderno de minaría sostible

O Proxecto Touro é un proxecto mineiro moderno e sustentable para reactivar a produción de cobre na mina de Touro, que xa ten unha historia centenaria. O proxecto prevé 15 anos dunha operación mineira responsable e firmemente comprometida co  medio ambiente, aplicando as últimas tecnoloxías dispoñibles do sector.

 

↓  O PROFESOR JAVIER TABOADA EXPLICA A MINERÍA DE TRANSFERENCIA E A RESTAURACIÓN DA MINA DE TOURO ↓

O XACEMENTO

O mineral de cobre que se extraerá na explotación de Touro é exclusivamente  calcopirita ( sulfuro de ferro e cobre), que se atopa de maneira natural encaixado en roca  volcánica básica, dura e inerte, que non contén elementos contaminantes.

MINARÍA

A operación mineira realizarase mediante minaría de transferencia. Un método de explotación que executa a restauración e a integración na contorna dos ocos mineiros de forma paralela á explotación. Así, vólvese á situación que había antes da explotación e poténciase a restauración, minimizando o impacto visual e ambiental. A roca extráese polo método de perforación, voadura, carga e transporte.

PROCESO METALÚRXICO

O proceso metalúrxico ten lugar despois da  minaría. Este proceso consiste en recuperar o cobre contido na roca. O proceso baséase en moer o mineral ata convertelo nunha area moi fina, para unha vez mesturado con auga separar as partículas de cobre mediante o método de flotación. O produto final é un concentrado que contén aproximadamente o 29% de cobre metal.

A RESTAURACIÓN AMBIENTAL

O Proxecto Touro é un proxecto mineiro e un proxecto de restauración ambiental que supón unha oportunidade para mellorar as condicións actuais, froito de épocas nas que non había normativa de restauración ambiental. Ao finalizar a actividade, a mina e a súa contorna quedan perfectamente reintegradas no medio, deixando superficies limpas, seguras e con gran potencial para desenvolvementos alternativos. O especialista en explotación de minas e Catedrático da Universidade de Vigo, Javier Taboada, sostén que o proxecto exposto “ten grandes vantaxes operativas, económicas e ambientais”.

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar