O Proxecto

Unha oportunidade para a comarca

Datos principais do Proxecto Touro

Recuperación da contorna

Aproveitamento dunha contorna mineira alterada, ademais dunha recuperación e mellora ambiental en paralelo con explotación

Reactivación económica

Creación de máis de 400 postos de traballo directos

Xeración de emprego

Emprego inducido a maiores de 1.000 postos de traballo

Impulso económico

Investimento inicial superior aos 200 millóns de euros e 100 millóns de euros anuais durante 14 anos como gastos operativos

O PROXECTO TOURO

O Proxecto Touro supón unha oportunidade no plano social e ambiental, coa creación dunha contorna empresarial que ten un importante valor engadido, xa que é intensivo en investimento, en xeración de emprego e, desenvolve infraestruturas  perdurables, incluíndo accesos, abastecemento de augas e liña eléctrica.

Todo iso farao en perfecta compatibilidade co resto de sectores produtivos da súa contorna, sen comprometer a súa capacidade para subsistir, e mesmo mellorando as súas perspectivas. Demostrouse noutros casos similares que un proxecto deste tipo permite fixar poboación en pequenas explotacións do sector agrícola e gandeiro coas que non compite polo uso do terreo e dos recursos.

O proxecto ocupará ao longo da súa vida unha superficie dunhas 600 hectáreas das que gran parte xa son unha explotación mineira histórica. O resto de superficie son na súa maioría plantacións intensivas de eucaliptos.

A potencia desta nova industria vai permitir, en paralelo coa explotación mineira e, cando a mina peche, unha restauración completa da contorna, conforme ás mellores prácticas do sector, que non só restituirán as superficies alteradas á súa contorna natural, senón que representa unha oportunidade para desenvolvementos alternativos ao liberar gran cantidade de espazo con valores paisaxísticos e produtivos. Iso en condicións de seguridade e respecto ambiental.

O Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Aureliano García, defendeu no seu Estudo Socio-Económico da contorna da Mina de Touro, de decembro de 2015, que  “A mina é unha oportunidade que ten a comarca de reverter o seu ritmo de declive”, “a zona vai beneficiar do emprego de mellores tecnoloxías para explotar ao mineral dunha maneira respectuosa co medio ambiente e sustentable” (Aureliano García).

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar