Estudantes da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo visitan as instalacións do Proxecto Touro

O pasado 26 de novembro, o Proxecto Touro acolleu a visita de máis dunha vintena de estudantes da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Nesta actividade tamén participou parte do profesorado da Escola como Natalia Caparrini, vicerreitora da Universidade de Vigo, e Carlos Martínez, que imparten as materias de Enxeñería de Noiros e Modelización de Recursos, respectivamente.

Durante a xornada, os alumnos e alumnas puideron coñecer a fondo todos os detalles do Proxecto Touro e, ademais, serviu para expor cuestións de interese e resolver diferentes inquietudes dos futuros enxeñeiros de minas, así como para que expuxesen a súa visión respecto diso e achegasen a súa perspectiva sobre o proxecto.

En concreto, aprenderon como se distribúen as masas minerais no subsolo de Touro e O Pino, así como as técnicas empregadas na investigación, o tempo e os recursos investidos desde que Atalaya Mining comezou a explorar en setembro de 2015.

Ademais, o alumnado da Escola de Minas da Universidade de Vigo puido comprobar que non en todos os proxectos se pode abrir unha mina, principalmente porque o recurso pode non ser suficiente e que é necesario investir unha cantidade de diñeiro moi importante que en todos os casos reverten na economía das comarcas.

Os alumnos mostráronse moi interesados en coñecer o estado de tramitación do proxecto e nas esixencias dos diferentes departamentos da Administración, que conclúan na aprobación do Proxecto. En todos os casos coinciden en que, para o futuro do sector en Galicia, o Proxecto Touro é moi importante.

No coloquio púxose en valor a importancia da minería no sector industrial, como principal fonte de materia primas. Neste sentido fíxose referencia á iniciativa europea de materias primas e as recomendacións que a Comisión Europea realizou nos últimos tempos incentivando a investigación e o aproveitamento de recursos minerais na Unión co obxectivo de fomentar as enerxías verdes.

Esta iniciativa forma parte da política de portas abertas de Cobre San Rafael, que pretende mostrar a todas as persoas e entidades interesadas as súas actividades e as solucións tecnolóxicas que achega para establecer un proxecto industrial sustentable e responsable en Galicia.

Compartir en redes

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar