Máis e mellor emprego
MÁIS DE 400 POSTOS DE TRABALLO DIRECTOS
O novo Proxecto supón unha gran oportunidade de dinamizar social e economicamente a comarca, xa que se calcula que se xerarán máis de 400 postos de traballos directos, cunha porcentaxe aproximada de 30% de titulados universitarios. Existirán picos que duplicarían estas magnitudes na fase de construción e posta en marcha.
Ademais, a actividade mineira, pola súa capacidade tractora, xera un gran emprego indirecto e inducido, que neste caso estímanse noutros 1.000 postos de traballo.
A maior parte deste emprego gozarano persoas da contorna máis próxima: Cobre San Rafael ten o firme compromiso de dar preferencia a persoas e provedores locais á hora de contratar.
Cobre San Rafael aposta pola capacitación dos seus empregados, que traballarán no manexo das últimas tecnoloxías dispoñibles na industria mineira. Isto potenciará a formación de técnicos especialistas, e a aplicación de programas de I+D+i.

APORTE DEMOGRÁFICO Á COMARCA
“A mina é unha oportunidade que ten a comarca de reverter o seu ritmo de declive”, afirma o Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Aureliano García.
García ve o proxecto de Touro como unha oportunidade, xa que explica que a comarca de Arzúa perdeu desde o 2000 un 15% dos seus habitantes e está moi danada demograficamente. “A comarca debe aproveitar a mina para tentar recuperar o que nalgún momento foi”, expón.
UNHA OPORTUNIDAD PARA A CREACIÓN DE TECIDO INDUSTRIAL
Un exemplo do impacto socioeconómico dun proxecto mineiro é o Concello das Pontes de García Rodríguez. A partir da actividade mineira da zona xerouse un importante tecido industrial, convertendo As Pontes nun dos núcleos empresariais máis importantes de Galicia.