Compromiso social

Responsabilidade social corporativa

O Proxecto Touro vive próximo á realidade da súa contorna máis inmediata e é consciente da responsabilidade como actor produtivo de relevancia que adquiriría coa súa posta en marcha. Así, ten como prioridade a creación de emprego e o desenvolvemento sustentable da contorna da mina de Touro.
Cobre San Rafael procura achegar valor á sociedade por encima dos seus obxectivos de negocio, tentando manter estes en sintonía coas expectativas e necesidades sociais.
> COBRE SAN RAFAEL ten como compromiso principal dar prioridade á contratación de persoas pertencentes a municipios dos arredores da mina. Así mesmo, á hora de adquirir bens e servizos, dará preferencia ás empresas locais en condicións de competencia.
> COBRE SAN RAFAEL está comprometida con realizar os esforzos necesarios para mellorar a elegixilidade e a competitividade das persoas e as empresas da súa contorna, co obxectivo de incrementar o seu potencial para beneficiarse do impulso económico da nova operación, así como para mellorar as súas expectativas cando cese a actividade.
> COBRE SAN RAFAEL comprométese a realizar as súas actividades de maneira transparente e achegar regularmente información fiel e veraz ao público. Iso farao mediante o establecemento dunha liña de comunicación directa con todos os interesados e implicados no proxecto. Así mesmo mantén unha política de portas abertas co obxectivo de dar oportunidade a aqueles que estean interesados, para comprobar de maneira directa os avances do proxecto sobre o terreo.
> COBRE SAN RAFAEL ademais, en colaboración cos axentes sociais e institucións, ten como obxectivo apoiar iniciativas de carácter social e cultural e colaborar activamente na diversificación económica da zona.

CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO

En Cobre San Rafael asumimos a responsabilidade na investigación, protección, conservación, revalorización e difusión do patrimonio histórico que poida albergar a mina de Touro.
Atalaya Mining, como operador da mina de Riotinto, ten ampla experiencia na xestión de patrimonio, xa que esta histórica mina é considerada na súa totalidade como Ben de Interese Cultural, e contén múltiples xacementos arqueolóxicos de relevancia, así como elementos patrimoniais catalogados que hai que xestionar da man da Administración.
Actualmente o Proxecto Touro traballa nunha prospección arqueolóxica de toda a pegada do proxecto, para avaliar a presenza ou non de elementos patrimoniais. En base a isto continuará coa tramitación administrativa, de maneira que se determinen por parte da autoridade as actividades de xestión correspondente.
Como mostra da súa aposta polo patrimonio, Atalaya ten tres arqueólogos en persoal, e quince peóns dedicados a escavacións arqueolóxicas que están coordinadas cientificamente pola Universidade de Huelva, así como un control arqueolóxico externo de movemento de terras, realizado pola Fundación Rio Tinto. Como caso de éxito, pódese apuntar o descubrimento dun tesouro de moedas romanas. Na súa presentación ao público, a delegada territorial de Cultura, Turismo e Deporte, Carmen Solaina agradeceu a Atalaya “a súa implicación co patrimonio da zona e o seu esmero para coidar a nosa historia”. “Seguiremos traballando da man para seguir descubrindo todo o importante legado patrimonial que ten a Conca Mineira”.

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar