Medio ambiente

Coidamos as nosas augas

COIDADO DAS AGUAS

O Proxecto Touro opera en circuíto pechado garantindo a calidade das augas da contorna e a seguridade dos ríos e os mananciais, nalgúns casos incluso mellorando a súa situación actual.

O proxecto establece un Sistema de Xestión que asegura o manexo correcto de todas as augas do proxecto, tanto subterráneas como superficiais. A aplicación deste sistema, dentro das mellores prácticas do sector e a estrita lexislación vixente, evita calquera afección ao medio natural.

Todas as augas do proxecto, tanto as utilizadas para o proceso industrial, como as recollidas ou acumuladas temporalmente nos ocos mineiros reutilízanse para consumo propio no proceso metalúrxico. Isto minimiza o consumo de recursos  hídricos exteriores.

O proxecto contempla a construción dunha Planta de Tratamento de Augas, que ten a capacidade de neutralizar augas potencialmente acedas para alcanzar a calidade precisa en caso de necesidade.

Cobre San Rafael ten o compromiso de garantir aos veciños que terán acceso a auga en cantidade e calidade igual ou mellor en relación co consumo que realizan hoxe, no caso de que o desenvolvemento da actividade lles afectase.

“Hai que aproveitar o recurso mineiro que aínda queda en Touro e rehabilitar a zona. No caso das augas que están afectadas pola antiga mina, depuraranse e reutilizaranse”, afirma Ricardo  Juncosa, Doutor Enxeñeiro de Minas da  Universidade da Coruña.

< O PROFESOR RICARDO JUNCOSA EXPLICA A XESTIÓN DE AGUAS EN MINERÍA

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar