O Proxecto Touro esperta o interese de estudantes de xeoloxía e minería nacionais e internacionais

O Proxecto Touro recibiu no último mes a visita de alumnos e alumnas do ámbito da minería e a xeoloxía de universidades de España e Canadá. A nivel estatal, o proxecto foi visitado polos estudantes da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e o Máster Oficial en Xeoloxía e Xestión Ambiental dos Recursos Minerais da Universidade de Huelva. A nivel internacional, foron os estudantes do Máster de Xeoloxía Económica da Université du Quebec os que se achegaron para coñecer o xacemento e o proxecto no ámbito xeolóxico e mineiro.

Estudiantes de la Universidad de Huelva - Proxecto Touro
O Máster Oficial en Xeoloxía e Xestión Ambiental dos Recursos Minerais da Universidad de Huelva visita o Proxecto Touro

Entidades universitarias nacionais e internacionais mostran así o seu interese polo xacemento mineiro de Touro e pola nova proposta de reactivación da produción de cobre e restauración ambiental presentada por Cobre San Rafael. Na visita, os estudantes e futuros profesionais do sector coñecen as claves do Proxecto Touro a nivel mineiro, xeolóxico e ambiental. O equipo de exploración xeolóxica de Cobre San Rafael é o encargado de explicarlles a xeoloxía do terreo, como está distribuído o corpo xeolóxico, como se realizan as sondaxes e como se traballa coas mostras do mineral.

Univeristé du Quebec - Proyecto Touro
Alumnos da Université du Quebec coñecen o Proxecto Touro

Universidades como a de Quebec chegan á Península Ibérica para coñecer os xacementos mineiros de referencia tanto de España como de Portugal, e o xacemento de Touro e O Pino e o proxecto presentado por Cobre San Rafael é un lugar obrigado dentro dun itinerario que tivo parada na mina de cobre e Cinc de Neves-Curvo (Castro Verde, Portugal), Proxecto Riotinto, Proxecto da mina de uranio de Salamanca, As Medulas, a mina de ouro de Boinás e a mina de Corcoesto.

Compartir en redes

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar