¿Qué es TERRAS?

TERRAS: unha aposta responsable

TERRAS é o plan de Responsabilidade Social de Cobre San Rafael; unha iniciativa de compromiso real coa contorna máis próxima e coa comunidade galega, que nace de escoita activa aos grupos de interese de Cobre San Rafael. É o resultado, polo tanto, dun proceso de cocreación con diferentes axentes, entidades e expertos acreditados de ámbitos educativos, sociais e empresariais, que se iniciou antes de formalizar o proxecto e que se mantén na actualidade.

As siglas de TERRAS fan referencia a Transparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social. Como resposta á fase de escoita, determináronse as áreas de interese do proxecto, que son: medio ambiente, sociedade e desenvolvemento.

Este plan de RSC está dirixido á sociedade galega en xeral, aos sectores vinculados ao Río Ulla, aos colectivos en risco de exclusión social de Arzúa e Santiago, e aos veciños e veciñas de Touro e O Pino. Abarca cinco ámbitos de actuación, cada un deles conta cunha serie de actividades e accións específicas. Relacionados coa posta en valor do río Ulla está TERRAS do Ulla; co respecto polo Camiño, TERRAS do Camiño; para o desenvolvemento socioeconómico da comarca, TERRAS do Futuro; pola seguridade e a saúde, TERRAS de Vida, e, para as accións de carácter social, TERRAS da Xente.

Con TERRAS, Cobre San Rafael adquire o compromiso de explicar anualmente aos seus grupos de interese e á sociedade galega os logros conseguidos e reavaliar con eles os seguintes pasos a dar.

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar