TERRAS

TERRAS DO ULLA

Cobre San Rafael aposta por un uso sostible da auga e o coidado das mesmas, particularmente nunha comarca vertebrada pola presenza do Río Ulla, onde esta é unha fonte de riqueza, biodiversidade e desfrute dos seus habitantes. Por todo iso, o primeiro dos ámbitos de TERRAS é o relacionado co Ulla, e oriéntase a velar pola calidade das súas augas.

Que?

Unha das iniciativas que se levará a cabo é a creación dun Observatorio pola Conservación das Augas do Ulla, co obxectivo de realizar un seguimento da información dispoñible en materia de calidade e conservación do Ulla. Así, realizaranse os pertinentes informes técnicos e poñeranse en marcha unha serie de accións centradas na conservación e mellora das augas do río.

Para que?

O obxectivo é recoller as inquietudes dos axentes implicados, e ser transparentes sobre as técnicas e os métodos que se utilizarán para garantir a calidade das augas e a non afectación ao río Ulla.

Para quen?

Esta iniciativa está destinada a institucións públicas e comunidades e poboacións en relación co contorno do Río Ulla.

TERRAS DO CAMIÑO

Desde a perspectiva de Responsabilidade Social de Cobre San Rafael, valórase o Camiño de Santiago non só como parte da idiosincrasia da comarca, senón como un activo clave que ten o potencial de engadir maior valor á comunidade. Así, este ámbito de TERRAS centrarase en establecer sinerxias entre minería e Camiño, entre outras cousas para multiplicar o atractivo turístico da zona.

Que?

Entre outras iniciativas proponse a creación dunha Mesa pola Valorización da Historia do Camiño e a Minería, para poñer en valor esa relación.

Para que?

Trátase de poñer en valor a vinculación entre minería e Camiño e que a actividade mineira, como ocorre noutros lugares, sexa utilizada como reclamo turístico, completando a oferta cultural dos peregrinos e peregrinas que pasan polas comarcas mineras.

Para quen?

Axentes do sector turístico, Administración Pública e asociacións encargadas da protección e difusión do Camiño de Santiago.

TERRAS DO FUTURO

Cobre San Rafael está comprometido coa sustentabilidade dos fluxos económicos e o benestar dos habitantes da comarca durante e despois da actividade mineira. Por iso, está interesado en apoiar as iniciativas que promoven o desenvolvemento socioeconómico desta, e a diversificación das súas actividades produtivas.

Que?

Apoio á creación de Plan Estratéxico Touro – O Pino (PETOP), para promover o impulso socioeconómico dos municipios, que recolla os retos para que se convertan en lugares atractivos para investir e vivir.

Para que?

A reactivación de produción de cobre na mina desprega unha capacidade tractora que xunto co chan industrial existente, debe permitir consolidar un Clúster Industrial de Touro e O Pino. O obxectivo é que as empresas consideren a zona atractiva para o investimento e que estas alcancen niveis de competitividade que lles permitan sobrevivir á explotación. Outro dos obxectivos será buscar, de xeito participativo, oportunidades para o aproveitamento da restauración da mina.

Para quen?

Administracións públicas, comunidades e poboación e sector empresarial.

TERRAS DA XENTE

Cobre San Rafael é consciente da súa responsabilidade como actor produtivo na zona e por iso quere participar naquelas actividades de carácter social como parte do seu compromiso coa contorna e a poboación.

Que?

Elaborarase un Programa Anual de Patrocinios e Colaboracións de TERRAS de Cobre San Rafael.

Para que?

Trátase de apoiar á súa contorna máis inmediata, naquelas accións de carácter social, asistencial, educativo, cultural, deportivo e de calquera outra índole, grazas a colaboracións con entidades ou colectivos da comarca que teñan un labor recoñecido nestes ámbitos.

Para quen?

Esta iniciativa está destinada á comarca de Arzúa e Santiago.

Ver detalles

TERRAS DE VIDA

Cobre San Rafael ten un compromiso coa excelencia en materia ambiental de saúde e de seguridade, realizando as súas actividades dentro dos mellores estándares nestes ámbitos. TERRAS pretende poñer en mans das partes interesadas información suficiente sobre os indicadores ambientais relacionados coa actividade mineira, buscando marcos de participación, colaboración e compromiso en materia ambiental, de saúde e de seguridade.

Que?

Entre outras cousas, poñerase en marcha un Foro sobre saúde, seguridade e minería, e unha Mesa observatorio sobre saúde e seguridade en Touro e O Pino.

Para que?

O obxectivo é darlle a oportunidade á comunidade de que expertos independentes respondan ás principais dúbidas sobre a saúde e a seguridade derivadas da reapertura da explotación de cobre na mina de Touro, coas premisas da transparencia e a cooperación.

Para quen?

Contorno da comarca de Santiago, entidades e institucións públicas e privadas con competencia e interese en materia ambiental, de saúde e de seguridade.

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar