Remata o curso de debate e oratoria financiado pola Fundación Salcines e Cobre San Rafael celebrado na escola Nuestra Señora del Rosario de Arzúa

Cobre San Rafael e a Fundación Salcines financiaron un curso sobre Debate e Oratoria na escola de CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario (Grande Obra de Atocha) de Arzúa. Obxectivo foi incentivar aos alumnos a debater e a que queiran xerar debate, así como darlles as capacidades necesarias para falar en público e contrastar opinións.

O curso tivo lugar en Arzúa ao longo do mes de maio, e esta semana foi a última sesión. O formato da capacitacións non eran clases maxistrais, senón que os propios nenos investigan e desenvolven métodos de contra argumentación seguindo as indicacións da formadora, Carlota González Suárez.

A formación permitiu desenvolver capacidades como o razoamento crítico, razoamento lóxico, habilidade para falar en público de forma convincente ou a rapidez mental para poder responder aos argumentos doutros nenos. Máis alá do razoamento e a argumentación, este curso tamén intenta promover valores como a tolerancia, o respecto a pensamentos e ideas opostas, o compañeirismo ou a capacidade de manter un debate serio e ordenado.

Para impartir este seminario, Cobre San Rafael e a Fundación Salcines trouxeron a Carlota González Suárez, unha docente de prestixio internacional e galardoada en múltiples ocasións nos concursos de debates nacionais e mundiais. Tamén foi nomeada xuíz para concursos de debates internacionais como o torneo PrecMude. Do mesmo xeito, é Directora do programa formativo BP Clara Campoamor, que fomenta a participación e presenza de mulleres no ámbito do debate e a oratoria.

O colofón final da actividade foi o debate do último día, no que, por equipas, os nenos da escola Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario (Grande Obra de Atocha) de Arzúa debateron entre eles. Cada punto que acadaran os equipos no debate, a Fundación Salcines os converteu en quilos de comida que se  doarán a entidades solidarias da contorna de Arzúa, un total de 140. Desta maneira, a actividade, ademais de capacitar aos nenos en oratoria e debate, permite dotar de axuda aos máis necesitados da comarca de Arzúa e, así, colaborar coa contorna o máximo posible e desde diferentes perspectivas.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar