Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya: “Temos un proxecto minero e mineralúrxico moderno e sostible para Galicia”

Cobre San Rafael realizou unha visita de medios polas instalacións actuais da mina.  O CEO de Atalaya Mining, Alberto Lavandeira, destacou que Cobre San Rafael ten “un proxecto mineiro e metalúrxico moderno e sostible para Galicia”. Ademais Lavandeira fixo fincapé en que “metais como o cobre son imprescindibles e insubstituíbles para un mundo que vai cara ás enerxías renovables e no que Galicia ten un papel importante que cumprir”.

Cobre San Rafael repasou as principais magnitudes da proposta minera presentada á administración pública galega: 220 millóns de investimento, 15 anos de actividade e 400 postos de traballo directos. O CEO de Atalaya Mining, Alberto Lavandeira, explicou o impacto positivo das operacións en Touro, confirmando as cifras de emprego recollidas no proxecto. “En Riotinto hai na actualidade 500 traballadores, dos que o 90% teñen contrato indefinido e o 70% son persoas locais”, asegurou.

Lavandeira destacou aos medios “o compromiso total de transparencia da empresa” e, nese sentido,  “estar abertos a calquera pregunta sen límite de ningún tipo”. Ademais explicou as claves do proxecto minero: vertidos cero, control ambiental e unha xestión de estériles conforme ás mellores prácticas e á lei española, unha das máis estritas do mundo.

Visita ao novo proxecto minero

Cobre San Rafael fixo un percorrido en distintos puntos do novo proxecto minero. Visitaron a curta de Arinteiro, lugar en activo para a extracción de áridos. Tamén estiveron presentes  nun dos sondeos que se están realizando na actualidade, con autorización, en terreos de propiedade privada. Para rematar, achegáronse ao Monte das Minas, desde o que se pode observar parte da zona que está incluída dentro do proxecto. Trátase dunha zona que foi denominada deste xeito polos ingleses no século XIX tras realizar nela labores de extracción de cobre.

 

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar