Cobre San Rafael fai balance dos seus dous anos de actividade en Galicia, pechando 2019 cun investimento acumulado de 7,5 millóns de euros, destinados a labores de investigación, desenvolvemento e innovación. Neste período, a actividade virou ao redor da exploración xeolóxica e a redacción do seu proxecto mineiro, no que colaboraron investigadores das universidades públicas galegas de diferentes ámbitos e outros organismos científicos e consultorías galegas e internacionais de primeiro nivel.
O compromiso da compañía galega é reabrir a explotación de cobre nunha área mineira xa en activo, mediante un plan responsable e sustentable, que respecta os valores ambientais, económicos e sociais da súa contorna. Para iso as prioridades das investigacións e estudos emprendidos foron deseñar un plan mineiro compatible con outras actividades económicas, que neutraliza o impacto ambiental e visual á vez que garante o vertido cero de augas ao medio.
Como parte deste compromiso e dun intenso proceso administrativo, aínda en marcha, que outorgue a seguridade necesaria a todas as partes, Cobre San Rafael xerou máis de 320 documentos que suman 15.000 páxinas de información técnica orixinal, e que conteñen 3.601 figuras, 2.510 táboas e 680 planos de detalle. Os diferentes informes elaborados pola compañía, respondendo a un criterio de transparencia, estiveron en exposición pública de forma que calquera organismo ou particular interesado puido consultalos e estudalos.
A documentación científica e de investigación realizada inclúe, ademais do propio Proxecto de Explotación, o Estudo de Impacto Ambiental ( EsIA), e o Plan de Restauración, anexos e proxectos de detalle que dan resposta a cuestións sociais e ambientais. Ademais, ao longo do ano, Cobre San Rafael elaborou estudos de investigación complementarios que responden as cuestións expostas nos informes sectoriais emitidos pola Administración (Patrimonio Natural; Augas de Galicia; Minas; Concellos, etc.). Entre eles destaca o Informe de Caracterización de Residuos; o Estudo de Afeccións Hidrodinámicas na contorna da Mina de Touro, a Avaliación do Estado Ecolóxico das Augas, ou o Estudo das Concas Visuais do Camiño de Santiago Francés. Por outra banda, deuse resposta individualizada a todas e cada unha as peticións de información presentadas por entidades, colectivos e cidadáns particulares.
COLABORADORES
Para este inxente esforzo, Cobre San Rafael contou con diversos profesores e investigadores das tres universidades públicas galegas, e organismos científicos como o CSIC, así como diversas empresas de referencia especializadas nos campos de xeoloxía, a geotecnia, a edafoloxía, as augas hidrodinámicas contaminación ou o ruído forestal.
A actividade destes dous anos de Cobre San Rafael, centrada na contorna de Touro e O Pino, pero que abarca a toda a comunidade galega, estivo centrada no coñecemento e investigación para o posterior desenvolvemento e posta en marcha do Proxecto Touro, empregando na actualidade a preto de 20 persoas, e potencialmente – cando se aprobe o proxecto – xerando máis de 400 empregos directos e 1.000 indirectos. Estas dinámicas son propias de explotacións xa en marcha en España. Un exemplo é a mina de Riotinto -explotada na actualidade por un dos socios do proxecto, Atalaia Mining- e que, tras 15 anos de inactividade, pasou de 30 empregos a máis de 900 nun moi curto prazo de tempo e tras investir máis de 300 millóns de euros de recursos propios.