Cobre San Rafael executou obras de limpeza e mellora ambiental do arroio Portapego, en Touro

Cobre San Rafael concluíu as obras de limpeza e mellora ambiental do arroio Portapego, en Touro. Tratábase dunha reivindicación dos veciños e do Concello da localidade, dada a problemática que estaba a xerar o estado deste curso de auga que penetra no seu núcleo urbano. Esta iniciativa voluntaria da empresa, auspiciada desde o seu plan de responsabilidade social TERRAS, foi financiada ao 100% por Cobre San Rafael, executándose de acordo coas directrices marcadas por Augas de Galicia na súa autorización e os requirimentos do consistorio coruñés.

As obras de mellora ambiental do Portapego (Conca do Ulla) terminaron o pasado 16 de xullo, coa limpeza integral dun tramo do seu leito de aproximadamente 285 m de lonxitude. Basicamente, os operarios da empresa, previo desvío temporal do caudal de auga, procederon a retirar ao redor de 600 m3 de material sedimentado no leito mediante bombas de succión, e limpeza con chorros de alta presión. Os materiais retirados, que obstaculizaban o correcto fluxo do regacho, foron entregados a un xestor autorizado, especializado en valorización de residuos, para o seu correcto tratamento ambiental.

Esta iniciativa voluntaria posta en marcha por Cobre San Rafael vai en liña co seu compromiso coa contorna e demostra a súa implicación no obxectivo común de alcanzar a excelencia na calidade ambiental da contorna da mina, incluíndo asumir a conclusión dos proxectos de restauración ambiental dos pasivos ambientais herdados da histórica mina de cobre que operou no territorio, en épocas onde non existía normativa nestes aspectos.

Estratexia de responsabilidade social TERRAS

Estes traballos de limpeza enmárcanse no plan de Responsabilidade Social Corporativa TERRAS posto en marcha por Cobre San Rafael e cuxas siglas fan referencia a Trasparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social. Concretamente, dentro da área denominada Terras do Ulla, un ámbito de acción especificamente dedicado á mellora da calidade das augas da contorna e en xeral da conca do Río Ulla, que xa está a traballar en melloras adicionais.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar