Cobre San Rafael xa é membro da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa

Cobre San Rafael converteuse en membro da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), unha asociación empresarial de referencia nesta comarca á que pertencen Touro e O Pino, municipios nos que a compañía realiza as súas actividades.

Cobre San Rafael pon así de manifesto o seu compromiso coa comarca e a súa integración na vida social das empresas locais. A compañía mineira ten como obxectivo afianzar o seu coñecemento sobre a oferta empresarial de produtos e servizos que ofrece a comarca de Arzúa, con vistas a cubrir as súas necesidades de adquisición actuais e futuras.

O Proxecto Touro, coas empresas locais
Si o proxecto minero de reactivación da mina de cobre de Touro e O Pino recibe o visto bo administrativo, Cobre San Rafael verá incrementada exponencialmente a súa demanda de bens e contratación de actividades externas nunha ampla variedade de sectores. Neste sentido, a compañía mineira mostra coa súa adhesión á AECA o seu total compromiso coas empresas locais que serán claves na posta en marcha do proxecto.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar