Cobre San Rafael prepara informes técnico-científicos para responder ás alegacións presentadas sobre o proxecto

Cobre San Rafael está realizando unha intensa labor de investigación científica nestes meses, co obxectivo de aclarar e reforzar a súa proposta empresarial. O proxecto está actualmente en fase de aprobación administrativa, logo dun período de información pública, onde calquera persoa, colectivo ou entidade tivo a oportunidade de presentar as súas alegacións. Agora son as administracións con competencias nas distintas materias as que están preparando os seus informes técnicos.

En paralelo, a empresa promotora xa puxo en marcha a elaboración de informes técnico-científicos adicionais para ampliar o nivel de detalle do proxecto; deste xeito pretende facilitar a toma de decisións e incrementar o nivel de confianza nun proxecto que é punteiro en canto á súa calidade técnica.

Estreitando o vínculo coa universidade galega

Cobre San Rafael continuou estreitando a súa colaboración científica coas universidades galegas. Coa Escola de Inxeñería de Minas (Universidade de Vigo), estase a preparar unha avaliación da seguridade dos depósitos de estériles deseñados no proxecto. Diso encargarase o profesor Leandro Alejano.

Coa Universidade da Coruña estase a traballar en varios informes adicionais, por exemplo coa Escola de Enxeñeiros de Camiños, cuxos profesores Ricardo Juncosa e Jordi Delgado están a realizar un estudo sobre os aforos e as condicións hidroquímica e biolóxica das augas da contorna da mina, así como unha proposta de alternativas de abastecemento para aquelas traídas actualmente en uso por municipios e particulares que serían substituídas coa nova actividade.

Os mesmos investigadores están a facer tamén unha modelización máis detallada do balance de augas do proxecto así como unha caracterización das augas acumuladas na antiga curta de Arinteiro, con vistas ao seu tratamento.

Por outra banda, Felipe Macías, catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve unha campaña de análise das augas relacionadas co proxecto.

Consultores independentes de prestixio

Nesa liña, a empresa contratou a varias consultoras de recoñecido prestixio para ampliar o detalle en diversas áreas do proxecto.

Así contratou a Assio Ingeniería a elaboración dun Plan Urxencia interior para o depósito de estériles. Así mesmo, Malde Arqueología está realizando un estudo arqueolóxico completo de toda a pegada do proxecto, co obxectivo de coñecer mellor se existe algún elemento patrimonial que haxa que xestionar. Por outra banda, a prestixiosa Meteosim está realizando un estudo de calidade do aire, con vistas a evitar calquera afección ao exterior. Na mesma liña traballa Applus coas emisións acústicas do proxecto.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar