O Compos e Cobre San Rafael firman un acordo como parte do programa de RSC da compañía

A Sociedade Deportiva Compostela e Cobre San Rafael asinaron un convenio de colaboración nas instalacións do club no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, que vai moito máis alá do patrocinio deportivo. O club alcanzou un acordo coa empresa mineira, que sempre mostrou o seu desexo de apoiar ao estandarte do fútbol da Comarca de Santiago e ás diferentes organizacións sociais coas que colabora dentro do seu plan de responsabilidade social corporativa.

Entre outras cousas, Cobre San Rafael confía no proxecto deportivo e social da Sociedade Deportiva, e en especial pola súa aposta polos mozos xogadores da comarca que, ademais de contar con talento deportivo, comparten os valores defendidos polo club e compartidos pola empresa.

O club anunciou que o acordo facilita a posta en marcha de novos proxectos para o seu fútbol basee, que tentará ser referencia na Comarca e en toda Galicia, tratando de imprimir nos nenos uns principios e valores máis aló do afán competitivo. Eses proxectos irán máis aló da nosa cidade, e consistirán en diferentes actuacións como a organización de Campus en varios concellos e a creación dun Centro de Tecnificación.

Neste sentido, o compromiso social da Sociedade Deportiva Compostela non pasou desapercibido para Cobre San Rafael que atopa no club un compañeiro de viaxe ideal á hora de establecer a súa estratexia de responsabilidade. Desde hai moitos anos o Compos vén colaborando con múltiples entidades de carácter benéfico e social, establecendo vínculos co tecido asociativo da comarca e facendo posible a posta en marcha de diferentes proxectos. Nesta liña, a colaboración de ambas as entidades xa comezou a dar os seus froitos, posibilitando os primeiros contactos da empresa con institucións sociais de moito arraigamento en Santiago e en toda Galicia.

O acordo, que comezou a negociarse durante a pasada campaña, prolongarase ata finais da presente tempada e será prorrogable á seguinte. Despois de algo máis dunha tempada sen ningún tipo de imaxe na súa camiseta, o club mostrou a súa satisfacción e desexo de que esta unión sexa o máis longa posible, e que axude a reafirmar o club na súa aposta polo talento de Santiago e a súa comarca.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar