A minaría de transferencia: excelencia e mínimo impacto
MINERÍA TRANSFERENCIA

A minería de transferencia é unha técnica moderna, sustentable e comprometida co medio ambiente. Unha das súas principais características é que non quedan ocos ou lagos mineiros, senón superficies perfectamente restauradas e integradas na paisaxe para usos alternativos.
A minaría de transferencia é o método operativo que poñerá en práctica o Proxecto Touro, e permite a restauración e a integración na contorna de ocos mineiros e depósitos de estériles de forma paralela á explotación.
A operativa consiste en escavar os ocos mineiros en fases, enchéndoos despois de cada fase, segundo avanza o proceso, para devolver a terra ao seu lugar de orixe. Isto facilita a restauración, minimizando o impacto ambiental desde o primeiro día.
Este método ten consideración internacional de “Mellor Técnica Dispoñible” pois minimiza a superficie afectada da explotación, limitando a construción de vertedoiros, xa que a maior parte do estéril utilízase para encher curtas e corrixir así o impacto sobre a xeomorfoloxía e a paisaxe.
Javier Taboada, Catedrático da Universidade de Vigo e especialista en explotacións mineiras, explica que sempre que se poida debe empregarse a minería de transferencia nas explotacións: “Este método permite que o recheo do terreo e a súa restauración poidan ir moi preto da zona de explotación, por tanto os impactos ambientais serán mínimos”, asegura.
A minería de transferencia é considerada dentro das mellores técnicas do sector a nivel internacional, onde destacan potencias mineiras como Suecia, Finlandia, Canadá, EEUU e Australia. En España tamén se aplicou minería de transferencia como é o caso, por exemplo, da explotación de carbón de Puertollano en Cidade Real.