Un proxecto galego
UNIVERSIDADES GALEGAS NAS QUE TRABALLAN ALGÚNS DOS NOSOS COLABORADORES

O Proxecto Touro é un proxecto sólido e garantido polos científicos e profesionais que participaron na súa redacción, de entre os mellores en Galicia, España e o sector internacional.
Destaca a participación de expertos e grupos de investigación das universidades galegas, entre os cales atopamos por exemplo ao especialista en explotación de minas e Catedrático da Universidade de Vigo, Javier Taboada, ao Doutor Enxeñeiro de Minas da Universidade da Coruña, Ricardo Juncosa, ao director do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo e tamén Presidente da Sociedade Española de Mecánica de Rocas, Leandro Alejano, ou ao Catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Felipe Macías.
Pola súa banda, a Universidade de Oviedo tamén estivo presente no proxecto, xa que colaboraron profesionais de recoñecido prestixio como o Catedrático de Xeoloxía, Daniel Arias, ou o Doutor Enxeñeiro de Minas, César Castañón.
O Instituto de Estudos Mariños do CSIC, liderado polo profesor Ricardo Prego, está a realizar un traballo científico orientado a caracterizar hidroquimicamente o contido de metais, materia orgánica e nutrientes das augas e sedimentos do río Ulla e a súa zona de influencia na ría de Arousa.
Ademais, o proxecto conta coa participación das consultoras e enxeñerías máis importantes do país, incluíndo, CRS Enxeñería, especializada no estudo e xestión dos recursos naturais, SCIPY S. L. especialistas en procesado de minerais, Golder, para deseño e operación de manexo de estériles, Terratec Geotecnia e Sondaxes S. L, para estudos xeotécnicos e, Assio Enxeñería, especialistas en xestión de augas. Así mesmo, Malde Arqueoloxía está a realizar un estudo arqueolóxico completo de toda a pegada do proxecto. Por outra banda, a prestixiosa Meteosim está a realizar un estudo de calidade do aire, con vistas a evitar calquera afección. Na mesma liña traballa Applus coas emisións acústicas do proxecto. .