Un proxecto moderno de minaría sostible
↓ O PROFESOR JAVIER TABOADA EXPLICA A MINERÍA DE TRANSFERENCIA E A RESTAURACIÓN DA MINA DE TOURO ↓

O XACEMENTO
O mineral de cobre que se extraerá na explotación de Touro é exclusivamente calcopirita ( sulfuro de ferro e cobre), que se atopa de maneira natural encaixado en roca volcánica básica, dura e inerte, que non contén elementos contaminantes.
MINARÍA
A operación mineira realizarase mediante minaría de transferencia. Un método de explotación que executa a restauración e a integración na contorna dos ocos mineiros de forma paralela á explotación. Así, vólvese á situación que había antes da explotación e poténciase a restauración, minimizando o impacto visual e ambiental. A roca extráese polo método de perforación, voadura, carga e transporte.
PROCESO METALÚRXICO
O proceso metalúrxico ten lugar despois da minaría. Este proceso consiste en recuperar o cobre contido na roca. O proceso baséase en moer o mineral ata convertelo nunha area moi fina, para unha vez mesturado con auga separar as partículas de cobre mediante o método de flotación. O produto final é un concentrado que contén aproximadamente o 29% de cobre metal.
A RESTAURACIÓN AMBIENTAL
O Proxecto Touro é un proxecto mineiro e un proxecto de restauración ambiental que supón unha oportunidade para mellorar as condicións actuais, froito de épocas nas que non había normativa de restauración ambiental. Ao finalizar a actividade, a mina e a súa contorna quedan perfectamente reintegradas no medio, deixando superficies limpas, seguras e con gran potencial para desenvolvementos alternativos. O especialista en explotación de minas e Catedrático da Universidade de Vigo, Javier Taboada, sostén que o proxecto exposto “ten grandes vantaxes operativas, económicas e ambientais”.