No Día Mundial do Medio Ambiente, Cobre San Rafael reafirma o seu compromiso cunha minería sostible

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, e Cobre San Rafael quere aproveitar este día para reafirmar o seu compromiso coa súa contorna, apostando por unha minería sostible. Isto é, unha minería respectuosa coa contorna, que xestione os recursos naturais de maneira sostible, e que conviva coas demais actividades produtivas. E, por suposto, que garanta a total recuperación da zona de explotación. Por iso, poñemos en valor o noso proxecto de restauración ambiental da mina de Touro e O Pino.

E é que o Proxecto Touro é un proxecto mineiro e un proxecto de restauración ambiental que supón unha oportunidade para mellorar as condicións actuais, froito de épocas nas que non había normativa de restauración ambiental. Ao finalizar a actividade, a mina e a súa contorna quedan perfectamente reintegradas no medio ambiente, deixando superficies limpas, seguras e con gran potencial para desenvolvementos alternativos.

Na actualidade, as normativas ambientais son, por fortuna, moi estritas. O sector da minería en Europa evolucionou de tal forma que chegou a alcanzar a excelencia na súa responsabilidade co medio. Desta maneira, garántese a compatibilidade das explotacións co resto das actividades produtivas, coa preservación ambiental da contorna e a restauración e reintegración das áreas operativas á paisaxe natural.

Convidámosvos a ver este vídeo sobre a restauración de minería ao descuberto de Atalaya Mining, que demostra o compromiso da empresa coa preservación do medio, e a perfecta convivencia de minería e sustentabilidade.

Feliz Día Mundial do Medio Ambiente. Por unha minería sustentable, hoxe e sempre.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar