Historia da comarca

Camiño e Patrimonio

En Cobre San Rafael temos claro que o noso proxecto mineiro é perfectamente compatible co desfrute e o aproveitamento económico do Camiño de Santiago ao seu paso por algúns dos municipios próximos á mina.

É máis, desde a perspectiva de Responsabilidade Social da empresa, considérase que o Camiño non só forma parte da idiosincrasia da comarca, senón que é un activo clave que ten o potencial de engadir maior valor á comunidade, polo que se compromete a apoiar iniciativas que teñan como obxectivo a súa mellora e posta en valor.

Pero o primeiro é explicar por que, malia o que se poida escoitar por parte dalgunhas persoas, a reapertura da explotación de cobre non afecta en ningún caso a este elemento patrimonial.

RESPECTO POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Cobre San Rafael respeta el Camino de Santiago
  1. En primeiro lugar, o Camiño conta cunha estrita protección legal en vigor, que protexe o seu trazado e ademais establece un ámbito de respecto. Neste sentido, o proxecto mineiro, sobre plano, está no seu punto máis próximo ao Camiño separado por case dous quilómetros.
  2. Isto é así, entre outras cousas, porque desde o primeiro momento, a non afección ao Camiño foi unha premisa á hora de deseñar o proxecto e os seus accesos.
  3. Debido á topografía e distancias, segundo os estudos realizados pola Universidade de Vigo, localmente o impacto visual será mínimo e totalmente nulo desde o Camiño.
  4. Finalmente, unha vez acabado o ciclo produtivo da mina de Touro e trala restauración, a mina quedará perfectamente integrada na paisaxe natural.

 

Se está claro que a mina non afecta ao Camiño, cal é o achegamento de Cobre San Rafael ao Camiño?

Creemos firmemente que o Camiño é unha oportunidade para a Comarca de seguir medrando, e que se poden establecer sinerxias moi interesantes entre mina e Camiño, para que ambos multipliquen o seu efecto positivo sobre a economía local.

Precisamente por todo isto, o Camiño de Santiago é un dos eixes polos que aposta Cobre San Rafael no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa TERRAS. Podes ver máis información en TERRAS DO CAMIÑO.

Cobre San Rafael ten un respecto absoluto co patrimonio histórico, cultural e artístico do lugar onde se asenta o seu proxecto. Por iso, conta cun equipo de arqueólogos que estiveron traballando no Proxecto Touro durante os dous últimos anos, catalogando todos os elementos patrimoniales que se atoparon na zona de afectación, moitos dos cales non estaban nin localizados nin catalogados.

Estes arqueólogos mediron, ademais, o impacto da mina sobre o territorio histórico, tomando como referencia os puntos que aparecen na cartografía histórica e realizando seccións topográficas para medir a incidencia visual, obtendo como resultado que a incidencia é prácticamente nula.

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar