Coidamos as nosas augas
COIDADO DAS AGUAS

O Proxecto Touro opera en circuíto pechado garantindo a calidade das augas da contorna e a seguridade dos ríos e os mananciais, nalgúns casos incluso mellorando a súa situación actual.
O proxecto establece un Sistema de Xestión que asegura o manexo correcto de todas as augas do proxecto, tanto subterráneas como superficiais. A aplicación deste sistema, dentro das mellores prácticas do sector e a estrita lexislación vixente, evita calquera afección ao medio natural.
Todas as augas do proxecto, tanto as utilizadas para o proceso industrial, como as recollidas ou acumuladas temporalmente nos ocos mineiros reutilízanse para consumo propio no proceso metalúrxico. Isto minimiza o consumo de recursos hídricos exteriores.
O proxecto contempla a construción dunha Planta de Tratamento de Augas, que ten a capacidade de neutralizar augas potencialmente acedas para alcanzar a calidade precisa en caso de necesidade.
Cobre San Rafael ten o compromiso de garantir aos veciños que terán acceso a auga en cantidade e calidade igual ou mellor en relación co consumo que realizan hoxe, no caso de que o desenvolvemento da actividade lles afectase.
“Hai que aproveitar o recurso mineiro que aínda queda en Touro e rehabilitar a zona. No caso das augas que están afectadas pola antiga mina, depuraranse e reutilizaranse”, afirma Ricardo Juncosa, Doutor Enxeñeiro de Minas da Universidade da Coruña.
< O PROFESOR RICARDO JUNCOSA EXPLICA A XESTIÓN DE AGUAS EN MINERÍA