Excelencia no control ambiental
CONTROL AMBIENTAL

O Proxecto Touro achega solucións técnicas que garanten que o medio ambiente e a calidade das augas da súa contorna non van ser afectados. O proxecto supón unha oportunidade para mellorar as condicións actuais, froito de épocas nas que non había normativa ambiental.
Conforme á lexislación vixente, co comezo das operacións ponse en marcha un Plan de Vixilancia Ambiental que controla calquera incidencia mediante medicións e controis técnicos e auditables. Seguindo as directrices marcadas pola Administración serve para detectar valores ambientais distintos aos establecidos pola lei e que precisen da aplicación de medidas correctoras.
O desenvolvemento da explotación mantén distancias de seguridade aos puntos habitados próximos.
Nin os minerais extraídos nin os produtos utilizados no proceso industrial conteñen substancias tóxicas nin perigosas.