Modelo Xestión Mineira Sostible
POLÍTICA XESTIÓN DE MINERÍA SOSTIBLE
A Dirección de Cobre San Rafael S.L. ten o firme compromiso de realizar as súas operacións de exploración, investigación e desenvolvemento de proxectos mineiros de maneira sostible, tendo como máxima a prevención de calquera impacto negativo sobre a contorna na que se desenvolve, a nivel ambiental, social e cultural. Así e todo, a empresa traballa de maneira continua na mellora do seu desempeño segundo o marco establecido por esta Política, cuxos principios básicos son:
1. Cumprir cos requisitos lexislativos, regulamentarios e outros requisitos das partes interesadas que poidan aplicarse á nosa actividade.
2. Identificar, avaliar e realizar o seguimento dos riscos e oportunidades de todos os nosos procesos co fin de asegurar que o Sistema de Xestión de Minaría Sostible logre os efectos desexados e que se preveñan o reduzan os efectos non desexados.
3. Identificar e avaliar os aspectos ambientais e sociais relacionados coa nosa actividade para minimizar o impacto que poidan causar na nosa contorna, establecendo obxectivos e metas cos máis significativos.
4. Coñecer e cumprir as necesidades e expectativas das nosas partes interesadas, fomentando a comunicación e colaboración coas mesmas co propósito de establecer vínculos baseados na confianza e respecto mutuos.
5. Empregar de forma racional as materias primas e os recursos naturais, tratando de minimizar o seu consumo mediante a implantación de mellores técnicas dispoñibles o boas prácticas ambientais.
6. Protexer, conservar e poñer en valor o Patrimonio Histórico presente, como parte esencial do compromiso da empresa coa sociedade.
7. Establecer mecanismos de control e seguimento para a información documentada que permitan adoptar un compromiso firme de transparencia e veracidade do sistema de xestión.
8. Fomentar a Responsabilidade en todo o persoal da compañía para aquelas actividades desenvolvidas en relación coa sostibilidade e o medio ambiente, fomentando e facilitando una formación continua.
9. Coñecer e avaliar as cuestión externas e internas pertinentes, incluída a natureza, magnitude, risco e impactos ambientais e sociais das actividades, produtos e servizos desenvolvidos por Cobre San Rafael S.L.
10. Fomentar a Innovación e asegurar o Desenvolvemento Sostible xa que son a garantía do noso futuro.
11. Adoptar a mellora continua como valor estratéxico e a súa aplicación en todos os aspectos da Xestión de Minaría Sostible, realizando as auditorías internas necesarias, implantando as accións oportunas, a través do desempeño dos indicadoras da Norma UNE 22470 e establecendo os obxectivos adecuados.
En base ao compromiso de realizar una operación mineira sostible, a Dirección de Cobre San Rafael S.L. asume a responsabilidade de implantar, documentar e manter actualizado un Sistema de Xestión de Minaría Sostible como ferramenta básica para a execución dos preceptos establecidos na presente Política. Así mesmo, cada empregado da empresa acepta a súa responsabilidade dentro do Sistema de Xestión de Minaría Sostible e asume como una condición máis da súa labor, velar pola sostibilidade en tódalas súas actuacións.
Descarga nuestra Política de Gestión de Minería Sostenible (+)