Unha restauración para mellorar a contorna
MELLORAR A CONTORNA

O desenvolvemento do Proxecto Touro ten lugar nunha zona minera activa desde 1973. As pegadas deixadas por estas explotacións históricas, máis as alteracións desta nova etapa de explotación do mineral de cobre, serán restauradas grazas ao Proxecto Touro.
Xunto ao proxecto de explotación, Cobre San Rafael presentou o seu Plan de Restauración, que explica en detalle como se restitúen os terreos mineros á contorna natural, para integralos na paisaxe, deixando superficies seguras, limpas, e aptas para desenvolvementos alternativos que poden ter un valor clave para o territorio.
O plan de restauración do Proxecto Touro realizarase ao mesmo tempo que a explotación da mina. Antes de empezar a excavación, retirarase a terra vexetal e almacenarase para poder revexetar segundo avanza a explotación. Pouco a pouco, e ao longo de toda a vida do proxecto, as zonas que van terminando a súa función son desmanteladas, seladas se fose necesario, reenchidas, remodeladas e cubertas de terra vexetal, para ser logo replantadas con especies autóctonas.
Cando acaba a explotación e a restauración, mantéñense os programas de vixilancia e control medioambiental, sobre a estabilidade das estruturas, a calidade das restauracións, a calidade das augas superficiais e subterráneas, os ecosistemas, e os usos finais dos terreos restaurados.
< NA IMAXE, RECREACIÓN A ESCALA DA CONTORNA DA PARROQUIA DE ARINTEIRO