Remátanse, en tempo récord, as prazas para o Campus do Pino, patrocinado por Cobre San Rafael

Cobre San Rafael continúa coa súa posta polas Terras da Xente, neste caso subvencionando o I Campus do Pino para os nenos da contorna da Mina de Touro -O Pino. Onte tivo lugar a presentación desta escola deportiva de verán, onde estiveron presentes as directivas dos equipos locais de Touro e o Pino, o Director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael así como o club organizador, a S.D. Compostela.

O principal obxectivo de Cobre San Rafael é reactivar toda a comarca de Arzúa, especialmente os concellos de Touro e O Pino. Por iso alcanzou un acordo coa S.D. Compostela (do que xa é patrocinador principal) para que o tradicional Campus Xacobeo estivera presente na contorna.

Os nenos son o futuro, e Cobre San Rafael quere ser un veciño colaborador coa súa comarca, polo que os cativos que quixeran participar no I Campus do Pino poderían facelo grazas á inscrición subvencionada por Cobre San Rafael. O patrocinio do I Campus do Pino enmárcase na proposta de responsabilidade social, Terras da Xente, que a empresa ten con Touro e O Pino, unha nova aposta polo benestar social, axuda á xuventude e o desenvolvemento sostible da comunidade.

En menos de dous días estaban cubertas tódalas prazas subvencionadas dispoñibles, unha mostra da necesidade que tiña a nosa contorna de actividades e eventos que invistan no noso territorio. O deporte é unha das maiores formas de unión que existen na nosa sociedade, e Cobre San Rafael apoia ó entorno local, especialmente para os rapaces, xa que quere que os xoves do rural teñan as mesmas oportunidades, instalacións e divertimento que o resto.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar