TERRAS

Apoio ao tecido social da Comarca de Arzúa

Que é

Con esta iniciativa, enmarcada no ámbito “Terras da  Xente”, Cobre San Rafael contribúe a fomentar o benestar social e o desenvolvemento sostible da comunidade promovendo proxectos impulsados por entidades sen ánimo de lucro, que se encadren dentro das áreas educativa e formativa, benéfico-social, cultural, deportiva, ambiental, recuperación do patrimonio histórico ou mellora das infraestruturas locais.

Así, este programa pretende premiar, patrocinar, axudar e colaborar con proxectos de diversa índole que redunden na mellora da calidade de vida dos cidadáns do territorio. Para iso, pon en marcha esta convocatoria. Concretamente, a empresa destinará un total de 25.000€ aos proxectos premiados.

Podes consultar as bases da convocatoria aquí.

Premios

Esta iniciativa conta cunha dotación económica anual relevante que alcanza os 25.000€

Para asegurar unha adecuada repartición destes fondos, e que teñan efecto positivo nos diversos ámbitos de actuación, prevese a súa distribución en diversos premios:

  • 10.000 euros. Distribuídos en 2 premios aos proxectos que obteñan mellor puntuación na convocatoria:
    • Primeiro premio: 7.000 euros
    • Segundo premio: 3.000 euros
  • 15.000 euros.
    • Distribuídos en axudas por importe máximo de 1.500 euros aos proxectos con maior puntuación tras os 2 premiados.

    Para optar a algún destes premios, as organizacións deberán presentar os seus proxectos a unha concorrencia competitiva.

 

Requisitos

Para participar na convocatoria é necesario cumprir as seguintes condicións:

  • Os proxectos presentados deberán ser executados na comarca de Arzúa.
  • O prazo de execución dos proxectos establécese entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
  • As entidades que se presenten deben de estar constituídas legalmente como asociacións ou entidades sen ánimo de lucro con fins sociais, educativos, culturais, ambientais e/ou deportivos.
  • Cada entidade poderá presentar un único proxecto.

 

¿Cómo participar?

As entidades que queiran participar deberán seguir un proceso de acreditación e valoración dos seus proxectos, que inclúe os seguintes pasos:

  1. Enviar un formulario de solicitude de participación
  • O formulario podes descargalo aquí.
  • O formulario enviarase debidamente cumprimentado ao email: info@cobresanrafael.gal en formato PDF.
  • Indicando no Asunto do email: TERRAS DE XENTES Convocatoria 2021-2022. Non se atenderá ningunha solicitude recibida fóra deste período de admisión. O formulario achégase como anexo a estas bases.
  • O prazo para enviar o formulario de solicitude é do 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2022.
  1. Xunto ao formulario de solicitude, hai que presentar a seguinte documentación:
  • Unha memoria explicativa do proxecto.
  • Un certificado bancario que acredite a titularidade da conta de abono da axuda.
  • Documentación acreditativa da situación legal da entidade que solicita a axuda:
    • Fotocopia do documento de constitución da entidade.
    • Fotocopia do CIF da entidade
    • Fotocopia dos estatutos da entidade
    • Fotocopia da Resolución de inscrición no Rexistro correspondente

Solicita información

CUN CORREO ELECTRÓNICO

Ponte en contacto

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar