Cobre San Rafael pon en marcha un programa de controis e análises medioambientais antes do inicio da actividade

Cobre San Rafael iniciou o seu programa de caracterización ambiental no ámbito do Proxecto Touro, que promove a reactivación da antiga mina de cobre. Este programa, denominado Liña Base, ponse en marcha co obxecto de coñecer a situación pre-operacional ou estado cero, é dicir, determinar científicamente cales son os valores ambientais que existen na zona antes do inicio da actividade mineira.

Para iso véñense realizando unha serie de controis e análises das augas superficiais, subterráneas, calidade do aire nas poboacións próximas, acústica e medio natural. Nestes traballos participan as universidades galegas, empresas de control e consultoría ambiental, así como especialistas de recoñecido prestixio que poñen a disposición do Proxecto Touro as mellores metodoloxías aplicables a cada ámbito de estudo.

Os datos obtidos neste programa Liña Base, serán a garantía de transparencia ante as preocupacións de parte da cidadanía e grupos de interese, demostrando non só a compatibilidad do proxecto minero coa súa contorna senón o seu potencial para mellorar o control ambiental nun ámbito condicionado pola minería histórica.

Este intenso programa de caracterización ambiental inclúe actualmente o mostraxe mensual en 14 puntos da rede hidrolóxica, estando previsto incrementar o alcance dos controis incorporando novos puntos. Neste apartado inclúese o estudo que Cobre San Rafael está realizando co Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (Vigo) que analizará a conca do Ulla e a súa desembocadura, estudando a calidade das augas e os seus sedimentos.

En paralelo, a compañía dispón xa dunha rede de mostraxe de augas subterráneas, que se completará en próximas datas coa instalación de novos piezómetros, elementos xeotécnicos que arroxan información de relevancia sobre estas augas. Así mesmo, conta xa con estudos sobre a calidade do aire e o ruído, realizados por un Organismo de Control Autorizado, que terán continuidade ao longo de toda a vida da explotación, e cuxos resultados serán compartidos coas administracións competentes.

Todos estes controis póñense en marcha xa co obxectivo de ter monitorizados os vectores ambientais na contorna do proxecto desde moito antes do inicio da operación minera. Así, estes datos considerados pre-operacionais poderán servir como valores de referencia. Estes controis realízanse por agora de forma voluntaria, pero continuarían como parte do seguemento ambiental cando a mina estea en operación, adaptándose aos requisitos adicionais que puidese establecer a administración chegado o momento.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar