Cobre San Rafael presenta un proyecto para la reactivación de la mina de cobre de Touro y O Pino

Cobre San Rafael presentou o Proxecto de Explotación, Plan de Restauración e Estudo de Impacto Ambiental para o xacemento de Touro. A explotación, actualmente en activo para a obtención de áridos, atópase localizada nunha zona mineira en uso desde o século XIX que estivo operativa como mina de cobre entre 1973 e 1986. O Proxecto Touro é unha iniciativa empresarial galega, en cuxo desenvolvemento colaboraron as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, cun forte compoñente de compromiso socioeconómico e medioambiental.

Un estudo realizado na Universidade de Santiago de Compostela prevé a creación de máis de 400 postos de traballo directos durante o ciclo de vida da explotación de cobre, todo iso grazas a un investimento económico que supera os 200 millóns de euros. Ademais, a actividade mineira, pola súa capacidade tractora, xera un gran emprego indirecto e inducido, que neste caso estímase noutros 1.000 postos de traballo.

Nova explotación nunha mina xa en funcionamento

Co obxectivo de poñer en valor o mineral de cobre presente na súa concesión minera, en funcionamento na actualidade para a extracción de áridos, e aproveitar as perspectivas positivas do mercado internacional de materias primas, a empresa galega chegou a un acordo cun socio especialista en minería metálica, Atalaya Riotinto Minera, empresa española que aportará o capital, a tecnoloxía e o know-how necesarios para garantir a viabilidad económica e medioambiental do proxecto.

O acordo supón a adquisición inicial por parte de Atalaya dunha participación na empresa que ten a titularidade da explotación. A medida que se vaian cumprindo unha serie de fitos no proxecto, Atalaya aumentará a súa participación aportando a súa solvencia económica, técnica e medioambiental. Ambas partes estarán presentes desde o principio do proxecto ata o fin de ciclo de produción da explotación de cobre, e a consiguiente restauración ambiental da contorna.

Compromiso medioambiental

O medioambiente é un aspecto crucial no proxecto presentado: aplícanse os máis altos estándares en materia ambiental da man da experiencia de Atalaya Riotinto Minera na xestión doutros xacementos, como a actual mina de cobre de Riotinto (Huelva).

En primeiro lugar, o Proxecto Touro está deseñado para minimizar o impacto ambiental da explotación e conseguir un vertido cero, utilizando a minería de transferencia e a restauración ambiental progresiva dos terreos.

Ademais, durante a explotación, a mina manterá un control exhaustivo dos posibles impactos que poida xerar a actividade, en liña coa lexislación e as mellores prácticas na contorna europea, o máis esixente do mundo nesta materia.

Hai que ter en conta que o proxecto levarase a cabo nun territorio cun intenso legado minero; o obxectivo non só é compatibilizar a minería coa conservación da contorna e os seus valores naturais, senón mellorar a situación de partida.

Así, o plan de Restauración Ambiental presentado está avalado económicamente e terá efectos positivos visibles mesmo desde os primeiros anos de operación. Neste sentido, representa unha gran oportunidade para mellorar a situación ambiental da contorna en beneficio das persoas da comarca de forma compatible con outras actividades económicas.

Proxecto Touro quere ser un exemplo de compromiso coa minería socialmente responsable. É un obxectivo estratéxico da empresa maximizar a creación de valor social e conseguir crear, nos catro municipios da comarca de Arzúa, un sentimento de colaboración mutua.

Investimento e emprego

O Proxecto Touro supón un investimento que ascende a máis de 200 millóns de euros, gran parte da cal executarase nos primeiros 18 meses, dedicados á construción das novas instalacións de proceso de mineral. Esta cifra supón multiplicar por 60 o investimento realizado en 2014 polo conxunto de empresas extractivas en Galicia e o 23% do total investido por toda a minería en España no mesmo ano.

Ademais, segundo os estudos realizados para o desenvolvemento do proxecto, o primeiro ano do Proxecto Touro tería un impacto sobre o conxunto do tecido produtivo de Galicia que roldaría os 91,2 millóns de euros, equivalente ao 0,16% do PIB de Galicia en 2015.

Este investimento tradúcese na creación de máis de 400 empregos directos cando se culmine a expansión das instalacións prevista. Sumando a estes os empregos indirectos e inducidos (1.000), podería falarse de ao redor de 1.400 empregos novos relacionados coa posta en marcha do Proxecto Touro.

Sobre Explotaciones Gallegas

Explotaciones Gallegas, S.L. é unha compañía pertencente ao grupo Francisco Gómez e Cia, S.L. Estas son hoxe as empresas continuadoras dunha tradición no sector da construción e as obras públicas de máis dun século. Os seus principais ámbitos de actuación son a obra pública e privada, mineiría de áridos, concesións, servizos de conservación, reciclaxe e restauración de espazos degradados. A súa sede está situada nas antigas minas de Riotinto Patiño, terreos dos que é titular xunto cos dereitos mineros en vigor e que están situados nos Concellos de Touro e O Pino, na provincia da Coruña.

Sobre Atalaya Mining

Atalaya Mining, empresa matriz de Atalaya Riotinto Minera, é unha produtora de cobre enfocada en Europa e que ten na Mina de Riotinto (Huelva) a súa base de operacións e principal activo. Formada por técnicos e directivos españois, está liderada polo galego Alberto Lavandeira, conselleiro delegado (CEO). Este conta cun Consello de Administración independente e multicultural con cinco conselleiros independentes sobre un total de nove; entre eles o ex director xeneral de Minas, José Sierra, e o director de Fusións e Adquisicións de Trafigura, Jesús Fernández, ambos españois. Atalaya Mining está cotizada nas bolsas de Londres (AIM) e Toronto (TSX), e os seus principais accionistas son: Trafigura (22%), XGC (22%), Orion Mine Finance (14,6%), Liberty Mining & Metals (14%) e Majedie (6%).

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar