Cobre San Rafael presenta respostas ás alegacións e informes sectoriais

Presenta unha batería de informes técnico-científicos que responden ás institucións públicas e privadas e particulares participantes no proceso de información pública.

Cobre San Rafael continúa remitindo información complementaria ao proxecto presentado en agosto de 2017. No día de hoxe, a empresa presentou unha serie de informes técnico-científicos respondendo ás cuestións expostas no proceso de información pública, onde administracións e partes interesadas teñen oportunidade de solicitar información adicional ou expresar a súa opinión.

Cobre San Rafael contesta a todas e cada unha das alegacións presentadas por particulares e entidades probadas, das cales 1.163 foron favorables á posta en marcha da proposta mineira.

A compañía mineira ten como obxectivo seguir aclarando e reforzando a súa proposta empresarial, ampliar o nivel de detalle do proxecto en todas as súas áreas e deixar así patente a viabilidade do Proxecto Touro por ser una proposta punteira en canto á súa calidade técnica.

Neste sentido, Cobre San Rafael quere recordar á sociedade galega que o seu proxecto mineiro atópase dentro dun proceso administrativo regulado e que, polo tanto, se teñen que cumprir unha serie de fases administrativas con obrigatoriedade máxima tanto por parte de administración autonómica como da empresa.

Para a elaboración de ditos informes técnico-científicos, Cobre San Rafael está a colaborar con departamentos específicos das tres universidades públicas galegas e a Universidade de Oviedo, o CSIC e empresas consultoras independentes de referencia nacional e internacional, como Meteosim, Notovec Consultores, Made Arqueoloxía, Applus Norcontrol S.L.U. e Assio Enxeñeiros.

Un proxecto transparente

Cobre San Rafael segue a ofrecer a institucións e organizacións así como aos veciños de Touro e O Pino e á sociedade galega en xeral total transparencia sobre o proxecto que quere poñer en marchar. Para elo, lembra que conta con dúas oficinas de información abertas a todas as persoas que queiran coñecer máis detalles sobre calquera aspecto do plan de explotación. Así mesmo quere seguir ofrecendo á sociedade información clara e didáctica sobre as técnicas e procesos complexos que se empregan en minería moderna a través da súa web e das propias oficinas.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar